CADERNO LETRAS GALEGAS 2007
Para poder velo en tamaño que che permita a súa lectura, pincha en "FULLSCREEN"
Mostrando postagens com marcador conto. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador conto. Mostrar todas as postagens
O CONTO DO PARVO E O LISTO
Eran dous irmáns, un parvo e outro algo máis listo que vivían coa súa nai.Namentres a nai traballou todo foi bastante ben, pero a coitada enfermou e tivérona que coidar os fillos, xa que non tiña a ninguén máis que o fixera.
Un día díxolle o listo ao máis parvo:
- Eu vou aos toxos e ti daslle o almorzo á nai.
(ningún dos dous fora onda ela desde a noite anterior)
O parvo puxo o pote ao lume, fíxolle as papas e levoulle unha cunca e mailo pote onde a cama.
Chamou por ela e non lle respondeu. Entón o parvo púxolle o pote enriba dela e a taza na cama, e díxolle:
- Para que comas cando queiras! (e marchou todo enfadado).
A nai xa non precisaba do almorzo pois a coitada estaba morta.
Vai ti saber canto tempo levaba morta!
Cando voltou o listo dos toxos díxolle ao seu irmán:
-Almorzouche a nai?
O irmán parvo respostoulle:
- Non me falou, pero o almorzo quedoulle alí.
Que o coma cando queira! -dixo anoxada-
O irmán listo foi onda ela. Chamouna e tampouco lle falou, entón dixo:
- Ela debe estar morta porque está moi fría
Que lle fixeches?
O parvo contestoulle:
- Eu non lle fixen nada. A min non me falou e deixeille aí o almorzo para que o comese cando quixese.
- E agora como imos facer para enterrala? Vai ser mellor que collamos esa cancela e a levemos nela á igrexa -dixo o irmán listo-
Como eran dous homes con moita forza, levarona á igrexa sen atrancos.
Mais, o que vos son as casualidades!
Cando eles chegaban ao adro da capela, saían uns ladróns de roubar na casa do crego. O parvo e mailo listo agocháronse subindo a un carballo eles e a cancela despois de deixar á nai no chan tras dunha árbore.
Os ladróns sentaron, por mala sorte, baixo o carballo e puxéronse a contar e repartir os cartos que lle viñan de roubar ao crego.
Un dos ladróns tña sede e dixo:
- Quen me dera unha auguiña do ceo!
E o parvo díxolle ao listo, de vagariño:
- Méxolle...méxolle?
- Non, non -dixo o listo-, pero xa era tarde e o ladrón bebeu.
O ladrón voltou dicir:
-Quen me dera unha tortilliña....teño unha fame!
O irmán parvo preguntoulle ao listo:
- Cágolle...cágolle ?
- Non , non -dixo o listo-, pero xa era tarde e o ladrón como tiña moita fame, era de noite e non se vía, comeuna.
Cando rematou de comer dixo:
- Ai, se viñera un raio do ceo e nos matase!
O parvo non o pensou máis e botoulle a cancela do carballo embaixo. Porrón...pon...pon...pon...!
Os ladróns fuxiron a fume de carozo e co medo que colleron e coa présa, deixaron alí os cartos, ¡que non eran poucos!
Entón os irmáns baixaron da árbore, colleron os cartos, enterraron a nai e:
Viviron felices, comeron perdices, e a nós déronnos coa cancela nos narices!
UN DÍA NA ALDEA
Era por este tempo, na primavera, o tempo de facer as aradas do campo para botar as patacas e o millo. Sempre compría madrugar, erguerse cedo.Pola mañanciña o avó erguíase cedo para xunguir as vacas e marchar para a nabeira traballar. Mentres, a avoa muxía as vacas e facía o almorzo para levarllo ao avó á nabeira.
O avó paraba a xugada ao ver chegar a súa muller co almorzo e, cando non lle traía leite, el collia unha cunca do caldo e enchíaa muxindo nunha das vacas que tiña xunguidas.
Unha das vacas que estaba xunguida púxoselle de parto, pola tarde cando estaba a traballar. O avó tivo que axudar a botar a cría atándolle unha corda ás patas do becerro e turrando por ella coa axuda dalgúns veciños que chamou.
Cando naceu a cría, o avó botoulle sal na boca e o xato comezou a berrar e espirrar, meneando a testa. Despois o avó deixouno para que a vaca o lambese.
Recollido por Thais López Sánchez de 5ºA
Orixe: A Barrela

AVENTURAS E DESVENTURAS DE RICARDO ESTÉVEZ
Comezaba o século XX e o meu bisavó Ricado tiña uns trece anos. Como vivían na aldea e tiñan poucos cartos. O seu pai decidiu mandalo de aprendiz de boticario. Entón, meu bisavó colleu o tren para ir ao traballo na botica dun parente. E mentres estaba alí vivindo cos seus parentes coñeceu a un fogueteiro, e aprendeulle como se facían os foguetes.Un día os seus parentes, donos da botica, estaban a traballar no campo mentres Ricado atendía o negocio. De súpeto escoitouse un estourido, e ao pouco tempo achegouse un veciño e díxolle:
-Oes, semella que sae fume da botica!
Foron alí ás présas. Entraron e viron ao Ricardo tan campante cos cóbados enriba do mostrador e a testa apoiada nas mans.
-Pero...que pasou? -preguntáronlle.
-Nada! -respostou Ricardo.
Máis os pelos de punta e a cara negra dicían outra cousa.
Ricardo aproveitara que estaba só na tenda para tentar facer un experimento:o foguete que lle ensinaran. Colleu os ingredentes, e moita pólvora; pero como non tivo ollo estouroulle.
Abonda dicir que aquí rematou a súa carreira de boticario. Mandárono para a casa. Todo o que lle aconteceu despois, xa é outra hitoria.
Recollido por Irene Barreiro Estévez de 5ºA
Informante: Ignacio de Crecente

MISTERIOS DE CAMBADOS
Dende hai moitos anos, en Cambados, no pobo dos meus avós existe unha lenda contada de pais a fillos que di o seguinte:
Que no Pazo de Fefiñáns antigamente existian pasadelos subterráneos segredos para que os nobles e señores que alí vivian puidesen fuxir no caso que o precisasen, mesmo por unha invasión inimiga.
Estes pasadelos, á súa vez conectaban a través do subsolo con outros castelos e pazos da zona podendo así refuxiarse noutros lugares, facendo case que imposíbel dar con eles.
Co paso do tempo e despois de numerosas pescudas, chegouse á conclusión de que na maioría dos castelos e pazos que pertenceron a esta época tiñan agochados pasadelos segredos.
Outra historia similar é a do Castelo de Soutomaior que pertenceu a Dona Urraca,aquí tamén se atopan moitos pasadelos subterráneos ainda non descubertos.
Recollido por: Noa Novas - 6ºB

O GATO MICHIÑO
Corrían os tempos da posguerra española, e a miña avoa tiña 4 fillos. Eran tempos moi duros nos cales custaba moito manter unha familia de tantos fillos. A miña avoa adicábase a coser e remendar a roupa por uns poucos céntimos, era un traballo que facía de sol a sol. Como non podía estar pendente dos seus fillos,tiña que deixalos moito tempo sós noutro cuarto da casa, mentres ela cosía e cosía.
Pero, como eran tempos de suciedade, moita pobreza e inmundicia, había moitas ratas (eran grande e agresivas).
Á miña avoa asustábana moito, polo que foi falar cunha meiga que vivía preto da casa a contarlle que tiña medo de deixar sós aos nenos, e nestas que as ratas os trabasen.
A meiga regaloulle un gato de cor marrón, grande, precioso, cuns ollos amarelos escintilantes, e díxolle que ese gato había de coidar os nenos.

Meu dito, meu feito! Aquel gato sentaba no marco da ventá e sempre estaba pendente dos nenos, non lle compría saír cazar pois tiña a caza na casa.
Ningunha rata volveu asomar xamais pola casa da miña avoa.

O abraiante deste relato é que cincuenta anos despois, na casa da miña avoa seguia aparecendo un gato marrón e amarelo que sempre seguía a pórse preto do lugar onde había nenos.
Aquel gato chamábase Michiño, era un animal doce, valente e listo... como nunca xamais coñecín.
Recollido por Gonzalo Fernánez Fernández- 2ºA
Informante: Juan M. F
O LADRÓN
O ladrón meteu o xamón nun saco e foise polo cemiterio, e xusto nese intre pasou unha persoa que ao ver ao ladrón cun saco ás costas pensou que levaba un morto e fuxiu correndo... tanto, que perdía o cú.
Recollido por Lucia Vázquez González
4º B
A RAPOSA ENGANADA
Habia unha vez unha raposa que tiña sona de ser moi... moi... lista .
Normalmente as raposas son moi listas, pero a esta, sobre todo, ninguén fora quen de enganala nunca.
Un dia,unha aguia e algúns paxaros máis que estaban reunidos deron en argallar de ver quen seria o guapo capaz de enganar á raposa.
Primeiro falou a aguia, e dixo:
- Veña, pois eu animome a ver se a convenzo dunha cousa.
Asi foi que... daquela achegouse a ela e dixolle:
- Ei, raposa! Non sei se sabes que van ser as vodas no ceo
¿Non quererías vir?
Vanse celebrar no pico do campanario da igrexa.
A raposa contestou:
- Pero, aguia... eu non che son capaz de chegar até alí!
E retrucoulle a aguia
- Non sexas caguichas, muller!
Se ti queres vir: sobe enriba miña e lévote eu!
A raposa preguntou:
- Oíches, non me estarás enganando?
E contestoulle a aguia, moi seria:
- Eu nunca enganei a ninguén, sempre dixen a verdade.
A raposa, xa máis interesada en participar, seguiu preguntando:
- E logo... que vai haber?
A aguia, moi argalleira, e sabendo que a raposa picara no anzol, seguiu largando:
- Pois sei que caciñan unha aguia e un corvo, e vai haber galiñas e pitos, doces e tartas.Vaiche haber comida a esgalla!
Tanto comvenceu a aguia na raposa, e tan ben lle puxo o conto que finalmente aceptou o convite:
- Vale, de acordo. Daquela levasme ti, nonsi?

A aguia satisfeita contestou :
- Si , claro que te levo!
Ti ponte enriba miña e eu levote ata o cume do campanario .
E asi o fixo a raposa.
Resulta que chegaron ao alto do campanario e alí non habia nadiña de nada. Cando a raposa baixou do lombo da aguia esta berrou satisfeita:
- Ai, raposa! Ti serás moi lista pero…viches? Enganeite
Non hai voda nin tal nada! Asi que agora a ver como te amañas para baixar, que eu marcho sen ti.
A coitada da raposa, comezou a albiscar para un lado e para o outro…Pero, claro, o campanario estaba moi alto e se se chimpaba dende aquela altura, de certo que se mataría.
Asi que decidiu agardar, por ver se alguén, véndoa alí enriba tan soíña, sentia mágoa dela e axudábaa a baixar.
E sorte que asi foi:
Ao pouco pasou por ali un paxaron moi grande que tivo pena dela e dixolle:
- Veña, vén que te baixo!
Cando xa voaban cara abaixo, a raposa ia dicindo
- SE DESTAS ME SALVO E NON MORRO,
AS VODAS DO CEO NON VOLVO!
Gabriela Seijas Vijande
5ºB EI

O CONTO DOS FIGOS
Erase unha vez...tres irmáns que quedaran sen familia. Estes tiñan unha figueira. Un dia, o irmán maior, decidiu levar unha cesta de figos ao mercado.
Polo camiño atopouse cunha vella que lle dixo:
-Bos dias! Que levas dentro da cesta?
Ao que el respostou:
-Levo bechos!
Enton a anciá díxolle:
-Que asi sexa!
E cando chegou ao mercado abriu a cesta e viu que no seu interior só habia bechos.
Ao dia seguinte, o irmán mediano, decidiu tentalo de novo pero pasoulle o mesmo có primeiro.
Ao terceiro dia, encamiñouse o irmán máis pequecho. Polo camiño saiulle a vella, quen lle dixo:
-¿Qué levas na cesta?
Ao que el respostou:
-Levo figos!... ¿quere dous?
Entón a anciá díxolle:
-Si gracias!
E ao chegar ao mercado viu que a cesta estaba chea de preciosos figos e, non só iso, senón que,cando as ía vendendo todas, aparecian mais e mais.
Daquela foi que, pola noite chegou á casa cunha morea de cartos.
Recollido por Nuria Koukolis Lorenzo- 6ºB

O COUTO DA MOURA
Ola!Chámome Daniel, e teño 9 anos.
A lenda que vos vou contar pertence ao pobo do meu avó Gil, el contouma así, e así vola conto a vós:
Trátase dun couto, o couto da Moura. Contan as xentes do lugar, e entre elas o meu avó, que no alto dun couto vivia unha moura, unha moura moi fermosa que tiña unha loira e longa cabeleira.
Din que todos os dias cando comezaba a saír o sol, a moura saía da súa casa e subía até un grande penedo, onde peiteaba a súa longa cabeleira cos primeiros raios de sol .
A sua cor loira era tan intensa que mesturada coas raiolas do Sol facía uns destellos tan dourados que deslumbraban a mirada de todos aqueles que ollaban para o penedo.
Cando o sol se pousaba no ceo, ela, voltaba ao seu couto, e non se volvia a ver até a noite, na que, coa lúa chea volvia ao penedo a peitearse.
O brilo da lúa pousabase con agarimo no seu cabelo e este alumeaba o ceo, coma se fosen mesmisimos fios de prata . E asi dia tras dia e... noite tras noite.
Tamen din que no inverno, cando o sol era tapado pola néboa, e na noite a lúa estaba agochada entre os nubarrons e non se vía , polo couto viaxaban, aínda que non chovera, finisimos fios de auga . E a xente dicía que a moura estaba a chorar por non poder saír, e subir a peitearse ao seu penedo .
Meu avó tamén me contou que sendo cativo coma min, levado pola intriga pero tamen cheo de medo, subiu ata o couto da moura. Ali ollou coma ela se estaba peiteando no seu penedo, ela ao decatarse volveuse hacia el e simplemente sorriulle e logo esvaeuse.
Ata aquí a lenda do couto da moura, e se non o credes: vós mesmos podedes ir e ver coma daquel penedo -cando o tempo o permite- aínda se poden ver fios de ouro no dia e fios de prata á noite
Recollido por: Daniel Mo Gil -4ºB

O TESOURO DA ILLA DE ONS
Estando de soldado na Africa, un mariñeiro da Arousa escoitou a un mouro falar de tesouros; achegouse a el e o mouro dixolle en segredo:- Na illa de Ons haiche unha fonte chea caracoíños de ouro.
Cando voltou, cumpido o servizo militar, o mariñeiro aproveitou unha mañá que voltaba de pasear para facer recalada na illa. Andou na procura da fonte e, depois de moito pescudar, atopouna no lugar mesmo que o mouro lle dixera.

Entón, sen perda de tempo, foi a Arousa fretou unha dorna ben cumprida e de noite voltou ao lugar da fonte do mouro para enchela de caracoíños.
Colleu unha morea deles, e mentres os ía soprando un por un, encheu a dorna de ouro... facéndose millonario.
Recollido por: Caleb Iaran – Infantil 5B
O RAPAZ E O DEMO
Fixérase noite, e un mozo ía camiñando de volta para a casa por unha corredoira. De súpeto escoitou un ruido. Ao primeiro non sabía de onde viña, mais logo se decatou de que, quen o fixera, fora un carneiro.
O rapaz botou a correr tras del, até que por fin conseguiu collelo. Atouno e púxoo ao lombo.
Pero resulta que o carneiro comezou a falar, dicindo:
- “Póusame, paso, póusame, paso e non me rompa-lo simbilibaso”.
O rapaz para ver o que contecia virouse, e xa non había carneiro.
A quen levaba enriba era ao mesmo demo. Sen pensalo tirouno do lombo e botou a correr...coma se tivese un foguete no cú.
Dende aquela, dende tal cousa, non se fiaba nin de carneiros nin de cabirtos.
Recollido por: Denise Pena Lestón - 4ºB
O HOME E A CORDA
Contoume a miña tia que un dia un home indo para a misa atopou unha corda no camiño. O bo do home entrou coa corda na igrexa e quedou durmido. Entón o crego, para espertalo, dixolle :- Acorda pecador, acorda!
Enton o home dixo:
- A corda non a roubei... que a atopei!
Recolllido por: Lucia Vazquez Gonzalez 4ºB
Assinar:
Comentários (Atom)