Ola!
Benvidos á nosa LAREIRA DIXITAL!
Aquí cociñamos todo o relacionado coa normalización e dinamización do emprego da lingua galega no colexio BALAÍDOS de Vigo.
Aquí cociñamos todo o relacionado coa normalización e dinamización do emprego da lingua galega no colexio BALAÍDOS de Vigo.
Nesta lareira dixital atoparás varios contos recollidos e recuperados do esquecemento.E información sobre as actividades que se teñen desenvolto dende hai anos. Asemade información sobre enquisas e lexislación. E moito máis...
A nosa lareira dixital naceu aló polo mes das Letras Galegas de 2007 grazas á nosa participación, un ano máis, en Ponte nas Ondas 2007 (adicado daquela a xunguir patrimonio inmaterial e internet)
Na lareira dixital tamén ten acobillo a creación literaria do alumnado do CEIP BALAIDOS. Daquela tamén poderás atopar textos e imaxes relacionadas cos certames literarios e traballos desenvoltos nas aulas (poesía e prosa).
Por certo, se sabes dalgún conto ou poema que che teñan contado, envíanolo á nosa lareira dixital e subirémolo a este blog.