Na honra de Begoña Caamaño, profes de Infantil e segundo ciclo de Primaia puxeron a andar a radio, así o noso alumnado participa de forma activa informando sobre a súa vida e obra. A maiores, un grupo de alumnos/as de 4ºEP prepara cuestións sobre a lectura das obras de Begoña Caamaño dirixidas a unha profe do cole, entusiasta da mesma, resultando unha experiencia moi positiva.
Begoña Caamaño, as Letras Galegas e a radio
Maios
O día 14 de maio empezamos a preparar anacos da natureza que neste tempo se nos presenta tan verde e floreada, así empezamos a traer fiúncho e pampillo para ir colocando na estrutura do maio coa que contamos no centro ( a que contribuiu a nosa conserxe), mais o 15 de maio a aportación das familias foi enorme, o cole arrecendía a fiúncho e flores, as mans do noso alumnado fixeron colares de flores e colocaron “ de que maneira” os maios, ficando unha certa admiración á nai natureza.
Interteatro
O día 13 de maio, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria foi ao CEIP Ría de Vigo, cheos de ilusión para representar a súa obra “Retallos da Historia”. Alí foron recibidos polos mestres e mestras do Ría de Vigo cos brazos abertos, actuaron no seu escenario e interactuaron co seu alumnado compartido un precioso patio de recreo con “miras” a Ría.
Visita das nais dos nenos e nenas do cole
No mes de marzo visitaron o noso cole nais para falarnos do seu traballo, da igualdade de oportunidades…
Algunhas nais destacaron que na súa profesión predominaban principalmente os homes como é no caso da informática. Tamén nos contaron sobre as desigualdades que as veces se poden atopar segundo cal sexa o posto laboral.
Noutra ocasión, levamos unha boa sorpresa: a nai doutro neno agasallounos cun concerto de primavera que interpretou para os compañeiros e compañeiras do seu fillo. Fixémoslle moitas preguntas e chamounos a atención que ata ben pouco os directores de orchestra… eran homes. Esta mesma nai falounos da igualdade de oportunidades no traballo e deunos a todas e a todos a ocasión de tocar o seu violín…
A parte de falar dos traballos remunerados de cada unha delas, tamén sacamos un oco para falar dese traballo que non está tan recoñecido: as tarefas do fogar. Contáronnos que o reparto das tarefas no fogar debe ser equitativo e que de ter que pedir unha redución de xornada para adicarlle máis tempo á crianza dos fillos e fillas, así como ás tarefas diarias da casa, non importa o sexo, poden pedila tanto eles como elas.
Contacontos ilustrado sobre Begoña Caamaño
RECONQUISTIÑA 2026
Unha tempada atrás, un grupo de percusión do Casco Vello veu ao cole. Con eles gozamos dun obradoiro onde nos mostraron a historia da música tradicional galega e os seus instrumentos, así coma algunhas cancións que logo interpretariamos na Reconquistiña...
Onte, 23 de marzo, celebramos a Reconquistiña de Vigo, onde mostramos o estandarte do noso colexio con orgullo. Empezando o desfile na Alameda, emprendemos a marcha cara a porta do Sol, onde esperamos moi ‘sereos’ as palabras do alcalde da nosa cidade e interpretamos as nosas cancións acompañados da percusión polo grupo do Casco Vello. Movémonos enerxicamente cando nomearon o noso estandarte e por tras del emprendemos o desfile novamente cara o Berbés. Para rematar, tomamos un anaquiño de praza, onde gozamos dun merecido descanso, sempre a compañados da nosa música tradicional!!!!
O alumnado de 4º de primaria visita o Centro de Día ''Parque Castrelos''
O alumnado de 4 de primaria visitou nun par de xornadas o centro de dia “Parque Castrelos”. Nunha das xornadas, interpretou para eles unha pequena peza teatral e tamén xogaron a “Pasapalabra”. Noutra das xornada, o alumnado compartiu con eles xogos de mesa. As dúas ocasións foron importantes por compartir sorrisos entre dúas xeracións, facendo escola fóra da escola.
23 de febreiro - Día de Rosalía de Castro
O pasado luns, 23 de febreiro, celebramos no cole o día de Rosalía de Castro, unha das grandes figuras da nosa literatura e da nosa terra, Galiza.
Todo o centro participou nunha actividade moi especial: elaboramos carteis coas estrofas do seu poema Adiós ríos, adiós fontes. O alumnado de Infantil encargouse de darlles un toque único, decorándoos con caras coloreadas de Rosalía cheas de creatividade e agarimo.
Ademais, preparamos unha canción que cantamos todos xuntos mentres colocabamos os carteis no valado exterior do centro. Foi un momento precioso, compartido, deses que quedan na memoria.
Nalgunhas aulas tamén se traballou a poesía e a figura desta gran escritora, afondando na súa vida e na súa obra. Porque coñecer a Rosalía é coñecer un pouco máis quen somos.


.jpeg)




.jpeg)












