Contacontos ilustrado sobre Begoña Caamaño

O luns 16 de marzo, o alumnado de 1º de Educación Primaria puido gozar dun contacontos ilustrado sobre Begoña Caamaño, autora á que se lle adica o Día das Letras Galegas 2026, organizado polo programa educativo do Plan Proxecta Donas de SI.
Despois a ilustradora Tania Solla ensinounos paso a paso como facer un debuxo de Begoña Caamaño, creando un ambiente artístico único que nunca esqueceremos.
Unha visita moi especial!