Visita das nais dos nenos e nenas do cole

No mes de marzo visitaron o noso cole nais para falarnos do seu traballo, da igualdade de oportunidades…

Algunhas nais destacaron que na súa profesión predominaban principalmente os homes como é no caso da informática. Tamén nos contaron sobre as desigualdades que as veces se poden atopar segundo cal sexa o posto laboral. 

Noutra ocasión, levamos unha boa sorpresa: a nai doutro neno agasallounos cun concerto de primavera que interpretou para os compañeiros e compañeiras do seu fillo. Fixémoslle moitas preguntas e chamounos a atención que ata ben pouco os directores de orchestra… eran homes. Esta mesma nai falounos da igualdade de oportunidades no traballo e deunos a todas e a todos a ocasión de tocar o seu violín…

A parte de falar dos traballos remunerados de cada unha delas, tamén sacamos un oco para falar dese traballo que non está tan recoñecido: as tarefas do fogar. Contáronnos que o reparto das tarefas no fogar debe ser equitativo e que de ter que pedir unha redución de xornada para adicarlle máis tempo á crianza dos fillos e fillas, así como ás tarefas diarias da casa, non importa o sexo, poden pedila tanto eles como elas.