Mañá día 9 de setembro voltamos ás aulas! Durante os primeiros días do mes estivemos organizando todo o necesario para que o noso cole estea preparado para acoller a todo o noso alumnado. Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, decidimos darlles unha benvida de acordo aos tempos que corren: 'farmeando aura'!
O proxecto do noso centro este ano xirará en torno a cociña, co título 'Unha escola con sabor'. O noso alumnado coñecerá receitas do mundo e da terra, traballarán a alimentación saudable.. e se convertirán en grandes cociñeiros e cociñeiras!