Xuizo do meco

No colexio Balaídos temos ben claro que a pandemia do coronavirus non ten porque amolar ás nosas nenas e nenos. Cumprimos protocolos, pero adaptamos as festas e tradicións celebrándoas dun xeito distinto co obxectivo de que estean presentes, algo diferentes... pero presentes.

Cada mes de febreiro chegaba e chega ao cole o TEMPO DE ENTROIDO presidido sempre polo MECO, un boneco que representa case sempre o “malo e ruín vivido ao longo do ano anterior”.

Nesta ocasión non había dúbida, era doado esco ller! Non si?

Por iso o noso Meco é o Coronavirus, que xa nos fixo vir desde setembro coa incómoda máscara posta, e nesta semana, aínda por riba, mandounos traer: zapatos cambiados, cousas en cintura e pescozo,...

Por todo iso, foi xulgado no XUÍZO DO MECO polo alumnado de 6º de EP, como xa é tradición desde sempre, que diante da imposibilidade de facelo no patio coma noutrora argallouse unha videomontaxe na que tamén participaron todas os grupos de Infantil e Primaria, a fin de coñecer a súa opinión para sentencialo á QUEIMA ou salvalo.

Ah! Que estades a pensar? Que vos gustaría velo? Pois.... tendes sorte! Aquí vos deixamos o video. Desexamos que gostedes del!

  

 

Esquecíamos de dicirvos que o venres 12 de febreiro, sairemos ao patio coma un ENTROIDO calquera, cos nosos disfraces de homenaxe a tantas persoas e colectivos que nos fixeron e están a facer máis levadeira esta pandemia. Sentimos que neste ano non poidan facernos compaña AS FAMILIAS (nais, pais, avós e avoas) para gozar do desfile e do xuà ­zo do Meco.

De todos os xeitos, xa vos informaremos de como resultou todo.

Os nosos nenos e nenas van ter ENTROIDO  no COLE! Iso é o que realmente importa, verdade?

 Apertas e VIVA O ENTROIDO!!!!!