ENTROIDO

O venres 12 de febreiro celebramos no cole a festa do Entroido!

Este ano seguindo o tema "Superheores e superheroinas na pandemia" fixemos cos nosos disfraces de homenaxe a tantas persoas e colectivos que nos fixeron e están a facer máis levadeira esta pandemia, polo que o cole encheuse de superheroes e superheroinas, bombeiros e bombeiras, policías, traballadores de supermercado, hosteleiros e hosteleiras, repartidores e sanitarios e sanitarias.

Para cumprir o protocol o e todas as precaucións dividimos o desfile, primeiro desfilaron os grupos A e despois os B, coas súas zonas delimitadas para gozar del. Non podemos esquecer o noso presentador, que con moito agarimo e entusiasmo ía comentando, animando e dando comezo a cada desfile.

Queremos compartir con vos ese día, xa que este ano non puidestes facernos compaña.

 

             &nb sp;            DESFILE DOS GRUPOS A

 

 

                                                                                                           DESFILE DOS GRUPOS B