Mostrando postagens com marcador letras galegas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador letras galegas. Mostrar todas as postagens

FESTILETRAS 2014

Como todos os anos, o último venres de maio celebramos o noso festival en conmemoración das letras galegas, o FESTILETRAS. Gracias a Rogelio, que se encargou de grabalo, podemos volver ver todas as fantásticas actuacións. Aquí tedes a listaxe:

Nubes de palabras sobre Xosé María Díaz Castro.

Os alumnos de 1º de primaria realizaron estas bonitas nubes de palabras empregando referencias sobre a vida e a obra do homenaxeado das letras galegas deste ano.




A poesía de Díaz Castro.

Xosé María Díaz Castro destacou, entre outras cousas, por escribir poesía, e no noso centro ocurriúsenos traballalas dándolle un toque de modernidade. Entre todos escollimos dous poemas, fixemos prácticas de recitado, atendendo a entoación, pausas e ritmo e despóis grabámolas cunha app do Ipad (o autorap) que convertiunas en rap!! Aquí temos dúas mostras.




Tanto lles gustou como quedou o rap, que non puideron resistir facer a súa propia versión.


Por outra banda, @s @lumnos de infantil tamén traballaron a poesía do homenaxeado deste ano. Cada un foi o encargado de ler un verso, e co esforzo de todos e todas, fixemos dous poemas preciosos: Encontros e Poema esmeralda.



Os homenaxeados pasados len os nosos poemas.

Sempre que chega a data das letras galegas, os nenos e nenas len relatos, contos ou poemas d@ homenaxead@, pero no C.E.I.P Balaídos tivemos unha idea, que sexan os propios homenaxeados os que lean poesías que fixeron @s nos@s alumn@s. Así que coa app Funny Maker do IPAD fixemos que personalidades das letras galegas volveran recitar versos, aínda que por esta vez, non era eles os autores.