Mostrando postagens com marcador Díaz Castro. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Díaz Castro. Mostrar todas as postagens

Nubes de palabras sobre Xosé María Díaz Castro.

Os alumnos de 1º de primaria realizaron estas bonitas nubes de palabras empregando referencias sobre a vida e a obra do homenaxeado das letras galegas deste ano.




A poesía de Díaz Castro.

Xosé María Díaz Castro destacou, entre outras cousas, por escribir poesía, e no noso centro ocurriúsenos traballalas dándolle un toque de modernidade. Entre todos escollimos dous poemas, fixemos prácticas de recitado, atendendo a entoación, pausas e ritmo e despóis grabámolas cunha app do Ipad (o autorap) que convertiunas en rap!! Aquí temos dúas mostras.




Tanto lles gustou como quedou o rap, que non puideron resistir facer a súa propia versión.


Por outra banda, @s @lumnos de infantil tamén traballaron a poesía do homenaxeado deste ano. Cada un foi o encargado de ler un verso, e co esforzo de todos e todas, fixemos dous poemas preciosos: Encontros e Poema esmeralda.