Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, levamos a cabo na escola accións de sensibilización e prevención de todas as formas de vioLeoncia contra as mulleres e a importancia de alcanzar a igualdade total.
Esta ano inspirámonos na canción "Que non mo neguen" das Tanxugueiras para elaborar os carteis e deixar os nosos lemas e imaxes de repulsa nas ventás.
Ademáis contamos coa colaboración do alumnado de 6º, 5º e 4º de primaria que leron aos seus compañeiros e compañeiras do cole contos pola igualdade e contra a violencia de xénero.
Para solidarizarnos con esta loita os nenos e nenas de 2º a 6º de educación Primaria crearon os seus logotipos nas fiestras das aulas.
O alumnano de Infantil e de 1º de Primaria tamén participou creando os seus propios deseños en papel rexistro de cor morado.
Este é o resultado destas iniciativas!