O 30 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Paz e a Non Violencia.
Todos os anos xuntábamonos no patio para escoitar o manifesto e cantar a canción, cunha parte en lingua de signos.
Este ano non podíamos quedar atrás e para celebralo adaptámonos a esta situación que estamos a vivir.
O alumnado de 6º de Educación Primaria cantou a canción "On écrit sur les mur", ("Escribimos en las paredes"), en colaboración entre as áreas de Lingua Francesa e Música. Ademáis elaborou un manifesto que escoitamos por megafonía.
Todo o centro decorou as súas portas das aulas con palabras de Paz, como dí a canción.
Nos seguintes vídeos poderedes escoitar ao alumnado e o resultado do traballo realizado:
CANTA O ALUMNADO DE 6ºA IMAXES DAS AULAS "A" DO CENTRO |
|
CANTA O ALUMNADO DE 6ºB IMAXES DAS AULAS "B" DO CENTRO |