Esta semana celebramos o día do Magosto. Deixámosvos material para traballar cos nenos e nenas na aula.
Para os pequenos presentámosvos o conto "A castaña que rebentou de risa":
E na seguinte entrada
deixamos un documento sobre o uso da castaña. Podedes empregalo na hora de ler.
Quedará tamén no servidor a vosa disposición para poder imprimilo.
O MAGOSTO: ORIXE
E HISTORIA
O Magosto é unha festa tradicional
nalgunhas zonas do Norte de España, como Galicia, Cantabria, Asturias e nas
provincias de León, Zamora e Salamanca. É tamén unha festa popular en Portugal,
onde se chama “magusto”. Espallouse tamén a nivel internacional como “Chestnutparty”.
Os elementos comúns desta festa son a celebración no mes de novembro (ou finais
de outubro) e o ter como principais elementos a castaña e o lume. Con esta
festa a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca lle foron
quitando nos últimos séculos.
É unha festa de raizame celta que
conmemora o fin do verán e o inicioda metade do ano escura e fría. En tódalas
rexións onde se celebra e, especialmente en Galicia, está moi vencellada co
culto aos mortos, sendo costume deixar o lume da casa aceso e comida arredor da
lareira para que o espírito dos defuntos da familia volva aos fogares perante
esa noite para quentarse.Moitos rituais tradicionais se fan ao longo desta
festa, tanto para purificarse, curarse lembrar aos antergos, estar á misa ou
visitar ao curandeiro local.
Dende o Paleolítico os seres humanos
mantíñanse con castañas e landras. Co espallamento do cultivo das castañas
polos romanos, o seu froito convértese na base da alimentación da poboación,
como froito fresco, seco ou moído para facer fariña. Dende fins do século XVIII
a xeneralización do millo e a pataca traídos de América fixeron que as castañas
perderan oseu protagonismo na alimentación campesiña.
Hai varias teorías sobre a orixe do
termo galego magosto: “MagnusUstus” (lume grande) ou “MagumUstum” resaltando o
carácter máxico do lume)
Tradicionalmente esta festa realizábase coa recolleita deste froito e servía tamén como agradecemento pola colleita recibida.
Nos días comprendidos entre o 1 de
novembro (Tódolos Santos) e o 11 de novembro (San Martiño) adoita celebrarse
esta festa onde non falta as castañas asadas no lume, o viño novo e os
chourizos.
A festa consiste en facer unha
fogueira, e cando hai brasas, colócanse nelas as castañas. Hai xente que máis
recentemente fai o magosto cun tixolo para espallar ben as castañas, que deben
ir “moxetadas” (quitarse un anaco da codia) para que non estouren. Cando xa
están asadas pélanse e cómense. Nas brasas tamén se adoitaban pór os chourizos
frescos envoltos nunha verza para asárense.
Ao acabar a comesta regada con viño
novo adoitábase tisnar a cara cos restos da fogueira -din que traía sorte- , se
facían xogos tradicionais, contábanse contos e cantábanse cancións populares
acompañadas do famoso grito “Viva o noso Magosto”.
En Ourense a festa cadra coa festividades do seu
padrón, San Martiño de Tours, o 11 de novembro. É costume ir ao monte de cerca
da aldea ou nos arredores da cidade a acender alí a fogueira. Ademais no
magosto tamén se asa costela de porco e chourizos. En canto chega a noite do 11
de novembro a cidade está iluminada en toda a súa
contorna.