DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Xoán revisou os seus libros da biblioteca e atopou estas historias que quere compartir con todos vos:


Os Bonobos e Bonobas tiñan un status moi desigual no bosque onde vivían todos xuntos. Eles comían o que elas colleitaban, eles viaxaban, aprendían e modernizábanse, pero non permitían que elas tamén o fixeran e burlábanse do seu aspecto.

Ata que se cansaron de soportar ese comportamento tan egoísta...




 
Arturo e Clementina son dúas tartarugas mozas que nada máis coñecerse namóranse e deciden casar. Todo vai ben ata que Clementina ten desexos de facer algo máis.

Arturo sempre con présa non comprende as necesidades da súa compañeira e intenta mercar o benestar de Clementina con agasallos.

Pero Clementina sinte unha carga cada vez máis pesada e non aguanta máis...


O quefaer cotián na casa de Maruxa e Pepiño non está distribuído dun xeito equilibrado e a coitada muller debe facer todos os labores mentres a súa parella folga. Pero as cousas comezan a mudar, xa que Maruxa está cansa desta situación e decide mudar as tornas...