CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER TRABALLADORA

No colexio realizamos dúas actividades para celebrar o día
8 de MARZO_DIA DA MULLER TRABALLADORA:

Exposición de Carteis: cada grupo escolleu unha muller galega de salientable traxectoria, de calquera eido social e/ou cultural, investigou sobre a súa biografía e reflectiuno nun cartel. 

MONTAXE DUN VIDEO HOMENAXE: unha alumna e un alumno de cada grupo recitaron un verso da letra dunha cantiga que se ten convertido, dende hai anos, nun icono das celebracións do Día da Muller en Galiza. Trátase de MATRIARCAS, cantiga composta e interpretada por Guadi Galego.