TEATRO NEGRO

Neste curso 2017 - 2018 na área de Educación Artística ( máis concretamente en música) a mestra Bea levou a cabo co alumnado de 6º o seu tradicional Teatro Negro cunha obra titulada "Emociónate!!" de Ruth Bernárdez (mestra de Educación Primaria) que colabora co noso centro escribindo as obras dende moitos anos atrás. Dar as grazas a todas as persoas que fan posible este espectáculo; a implicación do alumnado, a Rogelio (conserxe), Mari Carmén (antiga nai do centro), Rubén (administrativo), Ana e Rosa (encargadas do comedor) e a todo o equipo docente na preparación da posta en escea da obra. Felicitar unha vez máis ao alumnado de 6º EP polo gran traballo realizado.