EQUIPO
E OBXECTIVOS DE DINAMIZACIÓN DA
LINGUA GALEGA 2017-2018
COMPOÑENTES
DO EQUIPO:
Coordinadora
do equipo:
Ana
Belén Salgado Vázquez
Membros
do equipo:
Elena
Colmenero Rodríguez
Rubén
Alonso Nogueiras (representante do persoal non docente)
OBXECTIVOS
- Optimizar e divulgar o uso da Lingua Galega (sobre todo, oral, pero tamén na escrita) no C.E.I.P. Balaídos.
-
Implicar a toda a comunidade educativa no proceso, por medio da sedución e do convencemento.
-
Tender a acadar a equiparación do prestixio e uso entrámbalas dúas linguas cooficiais, partindo da base de que a lingua minorizada no C.E.I.P. Balaídos é a Lingua Galega.
-
Promover e potenciar actividades a prol da normalización da nosa lingua.
-
Impulsar as festas e xogos populares: Magosto, Entroido, Maios, Día das Letras Galegas, Día de Rosalía …..
-
Potenciar o intercambio de experiencias entre o alumnado para propiciar a práctica do discurso oral en galego.
-
Incrementar o material de lectura e de consulta en Lingua Galega a través da biblioteca, tanto de aula coma do centro.
-
Organizar concursos literarios para fomentar a creatividade e promover a escrita en galego.
-
Conmemorar a Semana das Letras Galegas realizando todas as actividades en Lingua Galega.
-
Elaborar a “Revista Breogán” usando a nosa lingua.
-
Introducir ao alumnado nas Novas Tecnoloxías mediante o emprego este ano, por primeira vez da Robótica.
- Iniciarse na elaboración de curtas inspiradas na Literatura Galega.