DÍA DA PAZ

Hoxe saímos ao patio para festexar o Día da Paz todos reunidos. Comezamos polo manifesto que leron os nenos e nenas de 6º de Primaria. Seguimos pola solta das pombas na que participaron dous nenos/as de cada aula. E finalizamos coa interpretación da canción "Campás pola paz" interpretada en linguaxe de signos. 

Podedes ver o vídeo do acontecido a continuación ou na web do cole  http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbalaidos/