VISITA DE ALMUDENA APARICIO

Hoxe no Ceip Balaídos recibimos unha visita moi especial, a de ALMUDENA APARICIO, a ilustradora viguesa que estivemos traballando estas últimas semanas.

O seu percorrido comezou polos cativos de 3 anos e foi subindo ata chegar aos mozos de 6º de Primaria. A actividade que lle propuxo aos nenos e nenas foi facer unha chuvia de ideas do que querían que debuxase. Despois ela, plasmaba todas as ideas nun gran debuxo. Os alumnos e os mestres quedamos abraiados.


Explicounos que primeiro fai os debuxos a lapis, un lapis de cor ( verde, azúl, vermello,...) e logo rotúlaos. Cando xa están rematados escaneaos e coloreaos no ordenador.

 























Con todas as ilustracións coas que nos agasallou faremos unha exposición, despois de decoralas nas distintas aulas.

Ao final de todo obsequiounos con tres libros, ilustrados por ela, que quedarán na biblioteca do noso centro,

Moitas grazas por visitarnos, volve cando queiras.