| meniña gaiteira, | | |
| has de cantar, | | |
| que me morro de pena. | | |
|
| Canta, meniña, | | |
| na veira da fonte; | | |
| canta, dareiche | | |
| boliños do pote. | | |
|
| Canta, meniña, | | |
| con brando compás, | | |
| dareiche unha proia | | |
| da pedra do lar. | | |
|
| Papiñas con leite | | |
| tamén che darei; | | |
| sopiñas con viño, | | |
| torrexas con mel. | | |
|
| Patacas asadas | | |
| con sal e vinagre, | | |
| que saben a noces, | | |
| ¡que ricas que saben! | | |
|
| ¡Que feira, rapaza, | | |
| si cantas faremos...! | | |
| Festiña por fóra, | | |
| festiña por dentro. | | |
|
| Canta si queres, | | |
| rapaza do demo; | | |
| canta si queres, | | |
| dareiche un mantelo. | | |
|
| Canta si queres, | | |
| na lengua que eu falo; | | |
| dareiche un mantelo, | | |
| dareiche un refaixo. | | |
|
| Co son da gaitiña, | | |
| co son da pandeira, | | |
| che pido que cantes, | | |
| rapaza morena. | | |
|
| Co son da gaitiña, | | |
| co son do tambor, | | |
| che pido que cantes, | | |
| meniña, por Dios». |
|