Para o LUNS 9, o Meco di:
"Música disco hai que bailar,
para a semana alegrar"
Para o MARTES 10, o Meco di:
"En pixama e zapatillas tes que vir,
para poderte divertir"
Para o MÉRCORES 11, o Meco di:
"De moitas cores hai que vir,
para ao Meco facer rir"
Para o XOVES 12, o Meco di:
"De rapeiro virás,
e así rapearás"
E o venres terá lugar o desfile do Entroido e a queima do Meco. O tema deste ano é a LUZ.
Tamén realizamos unha exposición con máscaras típicas dos Entroido galegos. O luns mostrarémosvos como quedaron.