CHEGOU O OUTONO

 Nesta altura xa se recolleu a colleita do ano. Algunha formas chámannos a nosa atención e fan de deleite aos máis pequenos. Colocadas nas arquitecturiñas do noso verde xardín tamén lle dan importancia ás mesmas.




Non podemos esquecer os petos de ánimas que neste tempo tamén se adubían con elementos da colleita...

FESTILETRAS 2025

 Como remate da semana dedicada as nosas letras o alumnado do cole celebrou o Festiletras en homenaxe as canteiras cada curso/aula preparou unha actuación que foron representadas para as compañeiras e compañeiros pola mañá e para as familias pola tarde no local da Asociación Val do Fragoso.






Coa colaboración do profesorado e alumnado do cole elaborouse unha axenda escolar para o uso do alumnado para o vindeiro curso na que se inclúen traballos das diferentes aulas.


SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Para esta semana programáronse diferentes actividades.


A primeira actividade foi a exposición dos carteis elaborados para a conmemoración das Letras Galegas.




Actividade "Solta a túa lingua" : dita actividade consistiu en que o alumnado tivo que escribir coa axuda dos seu familiares ou coñecidos unha cantiga, refrán, dito, adiviña... nunha folla cun deseño determinado que levaron para casa. Tamén tiveron que recoller a persoa que lles axudou nesa recollida así como o lugar onde se recolleu. 

Para os nenos e nenas estranxeiro propúxose que escribiran unha palabra que se dixera de forma diferente no seu país e que tamén buscaran como se diría aquí.

Con todos eses traballo fíxose unha exposición que podedes ver na fotografía.

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 O 8 de Marzo quixemos recoñecer o labor de todas as mulleres, tanto das que traballan no fogar como das que exercen diferentes profesións. Por iso, propuxemos como actividade que cada neno/nas elixira unha muller da súa familia ou entorno, cubrir unha filla coa fotografía dela no seu lugar de traballo e engadir información sobre o labor que realiza, cal era a relación de parentesco e algunha curiosidade.





Con todas as fotografías fixemos unhas cortinas para visibilizar o traballo de todas as mulleres.

O EFECTO MATILDA

O Efecto Matilda fai referencia a inxustiza de non recoñecer os logros das mulleres científicas.


A primeira semana de febreiro apareceu nos corredores da escola ao carón das aulas uns carteis para investigar sobre o Efecto Matilda. Una vez traballado o tema nas aulas abriuse o sobre sorpresa que aparecía no cartel.




DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía mandamos previamente un enlace co audio da canción e a letra da mesma, coas indicacións das estrofas que cantaría cada curso, así como o estribillo que faría todo o alumnado conxuntamente.

O 21 de febreiro fíxose a actuación conxunta no patio cuberto do cole baixo a dirección da profesora de música.





25N: DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Os nenos e nenas das diferentes aulas do cole, elaboraron lemas relacionados coa Non Violencia Contra  a Muller e os adornaron coa técnica plástica que quixeron. Con todos os murais decoráronse as paredes á sala do profesorado. 

Para a megafonía escolleuse  a canción Tanxugueiras con Rozalén.












FESTILETRAS 2024

   


 Cada aula participou no Festiletras cunha representación libre do seu alumnado feita en lingua galega: teatro, recreación/recitación de poesías, desfile con material de refugallo,cancións con acompañamento de instrumentos musicais.Este ano como novidade fíxose un festiletras aberto ás familias pola tarde.



REVISTA BREOGÁN 2024

 

Aquí tedes a Revista Escolar deste curso escolar. 

Clicade na imaxe.