O alumnado de 4 de primaria visitou nun par de xornadas o centro de dia “Parque Castrelos”. Nunha das xornadas, interpretou para eles unha pequena peza teatral e tamén xogaron a “Pasapalabra”. Noutra das xornada, o alumnado compartiu con eles xogos de mesa. As dúas ocasións foron importantes por compartir sorrisos entre dúas xeracións, facendo escola fóra da escola.
23 de febreiro - Día de Rosalía de Castro
O pasado luns, 23 de febreiro, celebramos no cole o día de Rosalía de Castro, unha das grandes figuras da nosa literatura e da nosa terra, Galiza.
Todo o centro participou nunha actividade moi especial: elaboramos carteis coas estrofas do seu poema Adiós ríos, adiós fontes. O alumnado de Infantil encargouse de darlles un toque único, decorándoos con caras coloreadas de Rosalía cheas de creatividade e agarimo.
Ademais, preparamos unha canción que cantamos todos xuntos mentres colocabamos os carteis no valado exterior do centro. Foi un momento precioso, compartido, deses que quedan na memoria.
Nalgunhas aulas tamén se traballou a poesía e a figura desta gran escritora, afondando na súa vida e na súa obra. Porque coñecer a Rosalía é coñecer un pouco máis quen somos.
VISITA DUNHA MADAMA E UN GALÁN DO ENTROIDO DE COBRES!
Seguimos metidos de cheo na celebración do Entroido e hoxe tivemos a gran sorte de recibir a visita de Xandra, unha madama, e Rafa, un galán. Viñeron a contarnos sobre o Entroido de Cobres; sobre seus traxes, os seus bailes e os seus xogos, onde o galo é moi importante.
Conseguiron facer que todo o colexio bailase a ritmo de muñeira!
RECONQUISTIÑA 2026
Aínda non acabamos o Entroido e xa estamos quecendo motores para a Reconquista de Vigo. O alumnado de 4º de EP participou nun obradoiro organizado pola Asocación Veciñal e Cultural do Casco Vello, de cara a participación dos nenos e nenas na Reconquistiña, xa como é tradición no noso centro nos últimos anos.
VISITA DAS SÚAS MAXESTADES E DO APALPADOR AO BALAIDOS!
O xoves 18 de decembro foi un deses días que quedan gardados na memoria para sempre. No CEIP Balaídos de Vigo tivemos o privilexio de recibir a visita dos Reis Magos de Oriente, que chegaron cargados de ilusión para todo o alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria.
As súas Maxestades chegaron á aula de psicomotricidade do edificio de infantil repartindo sorrisos, emocións, algunha que outra lambetada e moita maxia, facendo que os ollos dos nenos e nenas brillasen aínda máis se cabe neste mellor Nadal do mundo que se vive en Vigo.
E como non podía ser doutro xeito, o Apalpador tamén quixo achegarse ao noso centro para visitar ao alumnado de Primaria, compartir un anaquiño de tempo con eles, contarlles unha bonita historia e lembrar os valores do Nadal: a ilusión, a solidariedade e o coidado dos demais. Se queredes escoitar a súa historia só ciclade na súa imaxe!
Foi unha mañá chea de emocións, nervios bos e momentos únicos que encheron o cole de Nadal ata o último recuncho.
Magosto 2025
Como o cartaz nos indica, fomos ó Magosto cun Grande Lume (Magnus Ustus). As castañas, base da alimentación algún día, están á espera de pasar polo lume para que o alumnado poida degustalas.
CHEGOU O OUTONO
Nesta altura xa se recolleu a colleita do ano. Algunha formas chámannos a nosa atención e fan de deleite aos máis pequenos. Colocadas nas arquitecturiñas do noso verde xardín tamén lle dan importancia ás mesmas.
Non podemos esquecer os petos de ánimas que neste tempo tamén se adubían con elementos da colleita...
FESTILETRAS 2025
Como remate da semana dedicada as nosas letras o alumnado do cole celebrou o Festiletras en homenaxe as canteiras cada curso/aula preparou unha actuación que foron representadas para as compañeiras e compañeiros pola mañá e para as familias pola tarde no local da Asociación Val do Fragoso.
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Para esta semana programáronse diferentes actividades.
A primeira actividade foi a exposición dos carteis elaborados para a conmemoración das Letras Galegas.
Actividade "Solta a túa lingua" : dita actividade consistiu en que o alumnado tivo que escribir coa axuda dos seu familiares ou coñecidos unha cantiga, refrán, dito, adiviña... nunha folla cun deseño determinado que levaron para casa. Tamén tiveron que recoller a persoa que lles axudou nesa recollida así como o lugar onde se recolleu.
Para os nenos e nenas estranxeiro propúxose que escribiran unha palabra que se dixera de forma diferente no seu país e que tamén buscaran como se diría aquí.
Con todos eses traballo fíxose unha exposición que podedes ver na fotografía.
8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O 8 de Marzo quixemos recoñecer o labor de todas as mulleres, tanto das que traballan no fogar como das que exercen diferentes profesións. Por iso, propuxemos como actividade que cada neno/nas elixira unha muller da súa familia ou entorno, cubrir unha filla coa fotografía dela no seu lugar de traballo e engadir información sobre o labor que realiza, cal era a relación de parentesco e algunha curiosidade.
O EFECTO MATILDA
O Efecto Matilda fai referencia a inxustiza de non recoñecer os logros das mulleres científicas.
A primeira semana de febreiro apareceu nos corredores da escola ao carón das aulas uns carteis para investigar sobre o Efecto Matilda. Una vez traballado o tema nas aulas abriuse o sobre sorpresa que aparecía no cartel.
DÍA DE ROSALÍA
Para conmemorar o Día de Rosalía mandamos previamente un enlace co audio da canción e a letra da mesma, coas indicacións das estrofas que cantaría cada curso, así como o estribillo que faría todo o alumnado conxuntamente.
O 21 de febreiro fíxose a actuación conxunta no patio cuberto do cole baixo a dirección da profesora de música.
25N: DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Os nenos e nenas das diferentes aulas do cole, elaboraron lemas relacionados coa Non Violencia Contra a Muller e os adornaron coa técnica plástica que quixeron. Con todos os murais decoráronse as paredes á sala do profesorado.
Para a megafonía escolleuse a canción Tanxugueiras con Rozalén.
FESTILETRAS 2024
Cada aula participou no Festiletras cunha representación libre do seu alumnado feita en lingua galega: teatro, recreación/recitación de poesías, desfile con material de refugallo,cancións con acompañamento de instrumentos musicais.Este ano como novidade fíxose un festiletras aberto ás familias pola tarde.
LETRAS GALEGAS 2024
Na semana do 13 ao 16 de maio fíxose unha actividade de lectura de relatos curtos internivel durante os proxectos lectores,que foran traballados con anterioridade nas diferentes titorías.
Tamén traballouse a través de caligramas cos poemas da autora a súa vida.Cada aula elaborou un caligrama cun poema de Luisa Villalta e foron expostos na parede de entrada á sala de profesorado.
ENTROIDO 2024
Para festexar o Entroido seguimos o proxecto do centro :”Entra no xogo, práctica a igualdade”
Ao longo da semana de entroido o alumnado tivo que ir seguindo as ordes do meco..
Cada clase ideou e elaborou un disfraz coa condición de que estivera feito con material de reciclaxe e relacionado co deporte que practica a nosa madriña/padriño que escolleu cada titoría a principio de curso.
Fíxose un desfile pola rúa nas proximidadaes do colexio que rematou co tradicional baile.
O alumnado de 6º elaborou o meco que este curso se queimou no patio, seguindo así o costume do noso entroido, despois do tradicional xuizo.
DÍA DA PAZ 2024
¨ O 30 de xaneiro celebrouse o Día Internacional da Paz e a Non Violencia.
¨ Todo o alumnado xuntouse no patio para escoitar o manifesto e cantar a canción “ A paz é o camino” de Leiva e” Campás pola paz”de Migallas, traballadas polo profesor de música.
¨ Nas aulas fixéronse paraeados pola paz,que foron lidos por representantes de cada unha delas..
¨ @s alumn@s do cole levaban motivos alusivos á paz:colgantes,coroas,diademas….
NADAL
O
último día do trimestre celebrouse no cole a festa de fin de ano. O alumnado
puido tomar as uvas de fin de ano (ou similares) no alpendre do centro.Empregouse
o reloxo de cartón feito con material de
refugallo. e fíxeronse soar as badaladas empregando a megafonía do cole.










.jpg)

.jpg)






.jpg)



.jpg)
.jpg)













