O pasado luns, 23 de febreiro, celebramos no cole o día de Rosalía de Castro, unha das grandes figuras da nosa literatura e da nosa terra, Galiza.
Todo o centro participou nunha actividade moi especial: elaboramos carteis coas estrofas do seu poema Adiós ríos, adiós fontes. O alumnado de Infantil encargouse de darlles un toque único, decorándoos con caras coloreadas de Rosalía cheas de creatividade e agarimo.
Ademais, preparamos unha canción que cantamos todos xuntos mentres colocabamos os carteis no valado exterior do centro. Foi un momento precioso, compartido, deses que quedan na memoria.
Nalgunhas aulas tamén se traballou a poesía e a figura desta gran escritora, afondando na súa vida e na súa obra. Porque coñecer a Rosalía é coñecer un pouco máis quen somos.



